quarta-feira, julho 23, 2003

“UN SAÚDO”

É com prazer que transcrevo esta mensagem, recebida da Galiza:



“Olá! Acabo xusto de descubrir o teu blog ao ler a referencia en "Carta aberta", do César Valente. Conhezo e visito diversos blogs brasileiros, "Carta aberta" por suposto, pero tamén a "Montanha Mágica" (http://montanhablog.cjb.net/), o "Lugar Incomum" (http://lugarincomum.blogger.com.br/) ou o "De tudo um pouco" (http://www.falandodetudo.blogger.com.br/); pero curiosamente non conhezo apenas nada de blogs portugueses (ben, non é curioso, é o de sempre: eu escríboche desde A Corunha, na Galiza, e por razóns que se me escapan e que nunca entenderei os nosos dous países viven permanentemente de costas, ignorando que mesmo temos unha lingua en común). Estou, pois, encantado de achar o teu e de ver nel un feixe de bos enlaces que irei visitando en próximos días.

Eu mantenho un blog en lingua galega; non emprego en senso estricto a normativa oficial, precisamente, pero ao parecer entendéseme e todo. Chámase "días estranhos" e o enderezo é http://pawley.blogalia.com. Tómome a licencia de che recomendar tamén o blog dun amigo galego residente en Río, "desde o sovaco de cristo", http://omar.blogalia.com No meu blog incluín enlaces a todos os blogs escritos en galego que eu conhezo, por se tes interese neles.”




Aqui fica a nota. É claro que vou tentar visitar tudo! (O dias estranhos passa imediatamente para a coluna da direita, dos recomendados…).

Este é o admirável mundo novo que temos por descobrir.



P. S. Ainda mais um agradecimento, também ao Cris Dias (do lado de lá do Atlântico).

[77]

Sem comentários: